Deje su mensaje después de la señal - Tanttaka Teatroa

Rúa Nova, 22, Santiago de Compostela, 15705
Category: Teatro

18/04/2020 - 18/04/2020

O Teatro Principal acolle a estrea en Galicia deste espectáculo baseado na novela da escritora e veciña Arantza Portabales.

Unha historia en catro voces; as voces de catro mulleres que incapaces de enfrontarse aos seus problemas cara a cara, prefiren confesarse a través dun contestador automático. Marina, Carmela, Sara e Viviana utilizarán unha caixa de correo de voz como terapia para tentar entenderse a si mesmas e, sobre todo, conseguir que as comprendan os demais. Marina é avogada especializada en divorcios e desafía o abandono do seu marido; Carmela está enferma de cancro e necesita despedirse do seu fillo; Sara é unha moza de boa familia á que a presión da súa voda inminente lévaa ao bordo do suicidio e a unha dubidosa terapia psicolóxica, e Viviana é prostituta en Madrid, aínda que a súa familia cre que traballa en Ikea.