Scroll
 

A perspectiva de xénero é fundamental para o desenvolvemento da cidade. Pensar o transporte, os espazos públicos, o uso dos hoteis e dos establecementos tendo en conta as necesidades prácticas e estratéxicas das mulleres é vantaxoso para toda a poboación.

 

Como formar parte de Territorio das Mulleres?

Se tes un hotel, un restaurante, un bar ou un local que consideres que debe estar neste mapa:

1. Le este documento de Boas Prácticas

2. Se estás de acordo, cubre o formulario, ao que podes acceder dende cada recadro (hotel, restaurante…)

3. Poñerémonos en contacto contigo para asinar o compromiso de colaboración

 

Se queres achegar outra información como servizos, institucións ou mulleres destacadas que consideres que deben formar parte do mapa envíanos a información aquí.

 

 

Últimos materiais
incorporados ao arquivo

Alfombriña Linguaxe Inclusiva

Guía de linguaxe inclusiva

A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Santiago elaboraron unha guía de linguaxe inclusiva para uso na administración local.

  • Campañas
mandil-TM

Material de promoción de Territorio das Mulleres

Para facer visible o proxecto TM nos diferentes establecementos participantes, a Concellaría de Igualdade achega diferentes materiais que se facilitan no momento da sinatura do decálogo de compromisos de boas prácticas.

  • Campañas

Colectivos e asociacións

En Compostela existen diversos colectivos, asociacións e entidades que están traballando activamente a prol da igualdade en diferentes ámbitos: pensamento feminista, empoderamento das mulleres, vindicación da diversidade etc. 

  • Axendas
Presentación da diagnose en rolda de prensa, Concello de Santiago

Diagnose Igualdade Compostela

A diagnose sobre as desigualdades de xénero en Compostela pretende ser o marco sobre o que asentar a actuación municipal no desenvolvemento das políticas de igualdade. O estudo está formado por unha parte cuantitativa de análise da información e outra cualitativa, sustentada nun proceso participativo.

  • Estudios